O Nynorsk (literalmente "novo noruegués") é unha das dúas normativas estándar (Standardspråk) oficiais da lingua norueguesa, usada como norma escrita por algo máis do 10% dos falantes de noruegués[1]. A forma máis utilizada é o Bokmål.
Desde os tempos dos viquingos, varios dialectos da lingua norueguesa son falados no territorio do país. A pesar de seren mutuamente intelixibles, cada un deles presenta características distintas, especialmente na fonética, semántica e na morfoloxía. A partir da Unión de Kalmar, no século XVI, Noruega e o seu pobo ficarán baixo o dominio de Dinamarca. Ese dominio reflectiu directamente na lingua, pois o dinamarqués pasou a ser a lingua oficial do reino, sendo a única lingua oficial por varios séculos en todo o territorio noruegués. Posteriormente, a partir da separación de Dinamarca en 1809, unha nova ortografía norueguesa, o riksmaal altamente baseada na norma dinamarquesa, foi adoptada en Noruega.
Entre tanto, os habitantes das rexións menos urbanas (por consecuente menos suxeitas ás imposicións dinamarquesas) non se sentían á vontade ou representadas pola variante oficial. Innumerables características dos seus dialectos non eran representadas, facendo que certos falantes sentisen mesmo que escribían unha lingua estranxeira na escola.
Un investigador e poeta noruegués de orixe rural, Ivar Andreas Aasen, é hoxe considerado como o creador do novo noruegués. A partir de investigacións intensas nos falares, dialectos e variantes do interior da Noruega, especialmente do oeste do país. A publicación do seu libro Gramática dos dialectos noruegueses, foi un marco importante na historia do novo noruegués, pois tornou coñecidas diversas formas diferentes do noruegués oficial.