Saltar ao contido

Guelta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guelta
Imaxe
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fj5yq Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Unha guelta, pronunciado ['gelta], (ou noutros idiomas locais qalta, galta, agelmim ou agelmam), é un termo árabe (قلتة) do norte de África que significa depresión no terreo entre rochas que contén auga, que pode ser desde unha poza a un lago. É unha bolsa de auga que se forma nas canles de drenaxe ou uadis do Sáhara, en cuncas sen saída ou en cisternas nas rochas.[1] O seu tamaño e duración dependerá da súa localización e condicións, polo que poden ser temporais, estacionais ou permanentes. Poden acabar secándose ou durar todo o ano incluso na estación seca se son alimentadas por algunha fonte como augas subterráneas .[1] Cando os ríos non permanentes (uadis) secan poden quedar bolsas de auga nalgúns lugares do seu curso, orixinándose gueltas.[1] No Sáhara occidental as gueltas correspóndense con oasis.[1] Moitas están en zonas montañosas protexidas da forte exposición ao sol.

Algúns exemplos son a Guelta d'Archei no Chad e Timia en Níxer.

  1. 1 2 3 4 Gene E. Likens, ed. (2010). Lake Ecosystem Ecology: A Global Perspective. Academic Press. p. 269. Consultado o 5 de xuño de 2014.