A poboación dinamarquesa da rexión metropolitana de Copenhague é de 1800000 habitantes, dos que un terzo habita no concello de Frederiksberg e outro tanto no Condado de Copenhague, repartíndose o resto nos outros concellos da rexión. A rexión de Øresund, que comprende a parte oriental de Sjælland e a occidental de Escania (en Suecia), ten unha poboación de 2800000 persoas.
↑Ás veces escrito Copenhaguen, como en Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). p.109. ISBN84-8158-266-2. e Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p.1304. ISBN9788482887524.