Ademais de funcionarios e militares que residen só unha parte do ano. Posúe unha base militar canadense cunha estación meteorolóxica do Servizo de Meteoroloxía do Canadá. A estación ten unha estrada de 6km de lonxitude até o aeroporto, e esta estrada, así como o aeroporto de Alert, tamén son a estrada e o aeroporto máis ao norte do mundo. O acceso ao sitio está moi regulado. A estación meteorolóxica tamén é lugar de investigacións do cambio climático e da contaminación no Ártico.
Alert ten un clima polar, extremadamente frío e seco, e está cuberta de neve 11 meses ao ano. O mes máis quente, xullo, ten unha temperatura media de 3,3°C e a media anual de precipitacións é de só 153,8mm. A maioría das precipitacións son en forma de neve e prodúcense entre xullo e setembro. Alert ve moi pouca neve durante o resto do ano, non obstante son moi frecuentes as xeadas.[3]