# touro (blogs) — RSS Amplifier

Recent posts from the 1 feeds in the RSS Amplifier directory that cover touro.

Page: <https://rssamplifier.com/topics/touro/blogs>  
Feed: <https://rssamplifier.com/topics/touro/blogs.md>

---

## [Melide: natureza, patrimonio e gastronomía ao pé do San Roque](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/13/melide-natureza-patrimonio-gastronomia-ao-133343886.html)

_2026-08-13 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide dará mañá o pistoletazo de saída ás súas Festas de San Roque con nove días de celebración e un cartel de primeiro nivel. Panorama, París de Noia, 9Louro e moitas máis agrupacións de varios estilos musicais sucederanse do 14 ao 22 de agosto.

## [«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/12/comision-fai-traballo-moi-dificil-133298285.html)

_2026-08-12 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Ordes celebra as súas festas patronais dende este mércores 12 de agosto ata o domingo 16. Cinco días de festa cun cartel aínda mellor se cabe que as edicións anteriores, con orquestras do calibre de Panorama, París de Noia e Olympus. A música será, deste xeito, unha das grandes protagonistas dunha celebración que buscan atraer tanto veciñanza como visitantes doutros concellos.

## [O Pino honra a súa raza de galo autóctona, celta e supervivente](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/01/o-pino-honra-sua-raza-133025755.html)

_2026-08-01 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Pino vístese de gala esta fin de semana para gozar dunhas das súas festas máis emblemáticas. Entre o sábado e o domingo celebraranse de xeito simultáneo a Festa do Galo Piñeiro e a mostra cabalar, en dúas xornadas repletas de actividades para todos os públicos.

## [A Deputación destina 1,7 millóns a mellorar 8,5 km de vías en Muxía, Dumbría, Ordes e Vimianzo](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/07/31/deputacion-destina-1-7-millons-132991789.html)

_2026-07-31 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade o proxecto de mellora da capa de rodaxe na estrada provincial DP-3403, no tramo que vai dende a AC-552 ata Vilarmide por Senande. Trátase dun treito de 3,7 quilómetros que discorre polos termos municipais de Dumbría e Muxía. As obras contarán cun investimento total de 492.627,64 euros.

## [Frades pecha o dispensario de Ponte Carreira para executar varias melloras](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/07/01/frades-pecha-o-dispensario-ponte-132017904.html)

_2026-07-01 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

A Xunta vén de poñer en marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira, en Frades, cun investimento de máis de 150.000 euros.

## [Melide marca o compás xacobeo da Galicia interior](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/melide-marca-o-compas-xacobeo-131624398.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide é unha das grandes vilas xacobeas de Galicia. Aquí conflúen o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, convertendo o municipio nun dos puntos máis simbólicos da peregrinación a Compostela e nun destino onde historia, patrimonio e natureza camiñan da man.

## [Unha travesía en caiac para descubrir o Ulla en Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/unha-travesia-caiac-descubrir-o-131629325.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro volverá apostar este verán polo deporte e a natureza cunha nova xornada de caiac polo río Ulla, programada para o sábado 11 de xullo. A iniciativa permitirá descubrir desde a auga unha das paisaxes máis atractivas do municipio a través dun percorrido apto para diferentes idades. A actividade contará con dúas quendas de 20 prazas cada unha, unha ás 11.00 horas e outra ás 16.00.…

## [O Castelo de Santa María volverá arder en Arzúa](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/o-castelo-santa-maria-volvera-131624476.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Arzúa celebrará o vindeiro 23 de xuño unha nova edición dunha das súas citas máis singulares: a tradicional queima do Castelo de Santa María, unha celebración que reunirá veciñanza, visitantes e peregrinos arredor do lume, da música e das tradicións de San Xoán.

## [Concerto das Letras da Banda de Música Isabel II de Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/concerto-das-letras-da-banda-130296984.html)

_2026-05-16 · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro destaca a importancia da celebración das Letras Galegas como unha das datas máis significativas para a cultura e identidade da comunidade. Esta conmemoración representa unha homenaxe á lingua galega, aos escritores e escritoras e ao patrimonio cultural que define a Touro como pobo.

## [One platform, from silicon to agent (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/aPnajJomWFhp)

_2026-05-16 · **Sponsored**_

Serverless inference plus Inference Router to optimize cost and latency at scale.

## [Teatro infantil sobre a historia das Letras no multiúsos de Frades](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/teatro-infantil-historia-das-letras-130296703.html)

_2026-05-16 · Iago Rodríguez · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Frades utilizará o teatro para concienciar os máis pequenos sobre a importancia de preservar a historia da nosa lingua. Pola mañá, concretamente ás 11.30 horas, o edificio multiúsos acollerá o espectáculo infantil A gran viaxe das Letras Galegas até Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.

