# máis (blogs) — RSS Amplifier

Recent posts from the 4 feeds in the RSS Amplifier directory that cover máis.

Page: <https://rssamplifier.com/topics/m%C3%A1is/blogs>  
Feed: <https://rssamplifier.com/topics/m%C3%A1is/blogs.md>

---

## [Soutelo de Montes celebra a súa gran festa](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/21/soutelo-montes-celebra-sua-gran-133535309.html)

_2026-08-21 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Soutelo de Montes volverá converterse mañá nun dos grandes puntos de encontro da música tradicional galega coa celebración da XLVII Festa do Gaiteiro, unha xornada que recupera a histórica Medalla do Gaiteiro de Soutelo e que encherá a localidade de música, cultura e tradición.

## [A Bandeira celebra medio século de historia arredor da Empanada](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/21/bandeira-celebra-medio-seculo-historia-133535247.html)

_2026-08-21 · M. González · Faro de Vigo - Escaparate_

A Bandeira vive estes días unha edición moi especial da súa festa máis emblemática. A Festa da Empanada alcanza este 2026 a súa 50ª edición, medio século de historia no que esta celebración soubo converter unha tradición gastronómica nunha auténtica festa popular, capaz de reunir cada ano a milleiros de persoas arredor da gastronomía, a música e a cultura galega.

## [Saber Vivir, la firma de descanso gallega cuya fórmula combina calidad y buen precio](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/19/vivir-firma-descanso-gallega-cuya-133337243.html)

_2026-08-19 · B. C. · Faro de Vigo - Escaparate_

Dormir bien es uno de esos pequeños hábitos capaces de cambiar por completo el día. Por eso, contar con un buen producto y un asesoramiento cercano puede marcar la diferencia. Esa es precisamente la filosofía con la que trabaja Saber Vivir, una firma especializada en descanso que desde hace alrededor de año y medio cuenta con presencia en Vigo.

## [Soutomaior celebra a cuarta edición do seu festival para xente miúda: o Punkativada](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/17/soutomaior-celebra-cuarta-edicion-do-133329679.html)

_2026-08-17 · B. C. · Faro de Vigo - Escaparate_

O festival Pukativada para a xente miúda regresa a Soutomaior os días 22 e 23 de agosto cunha programación pensada para que nenos e nenas, familias e público de todas as idades desfruten dunha fin de semana chea de música, teatro, humor e actividades creativas.

## [Todo a punto en Cuntis para festexar as patronais](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/14/punto-cuntis-festexar-as-patronais-133350649.html)

_2026-08-14 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Cuntis prepara unha intensa programación para celebrar as súas Festas Patronais, que se desenvolverán do 15 ao 18 de agosto cunha proposta pensada para diferentes públicos e idades. Durante catro xornadas, as rúas e prazas da localidade acollerán actos relixiosos, pasarrúas, concertos, actividades deportivas e culturais, propostas especialmente dirixidas ás familias e, por suposto, grandes noites…

## [Melide: natureza, patrimonio e gastronomía ao pé do San Roque](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/13/melide-natureza-patrimonio-gastronomia-ao-133343886.html)

_2026-08-13 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide dará mañá o pistoletazo de saída ás súas Festas de San Roque con nove días de celebración e un cartel de primeiro nivel. Panorama, París de Noia, 9Louro e moitas máis agrupacións de varios estilos musicais sucederanse do 14 ao 22 de agosto.

## [«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/12/comision-fai-traballo-moi-dificil-133298285.html)

_2026-08-12 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Ordes celebra as súas festas patronais dende este mércores 12 de agosto ata o domingo 16. Cinco días de festa cun cartel aínda mellor se cabe que as edicións anteriores, con orquestras do calibre de Panorama, París de Noia e Olympus. A música será, deste xeito, unha das grandes protagonistas dunha celebración que buscan atraer tanto veciñanza como visitantes doutros concellos.

## [A Festa Corsaria de Marín bate récords de participación](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/10/festa-corsaria-marin-bate-records-133225905.html)

_2026-08-10 · B. C. · Faro de Vigo - Escaparate_

Marín volverá viaxar este mes de agosto ao seu pasado corsario cunha das citas máis multitudinarias do seu calendario festivo. A Festa Corsaria 2026, que se celebrará os días 14 e 15 de agosto, chega este ano cunha participación récord e cunha implicación cada vez maior por parte da veciñanza e da hostalería local, consolidándose como unha das celebracións máis esperadas do verán marinense.

## [A Feira de Oportunidades do Morrazo regresa a Cangas con grandes descontos](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/09/feira-oportunidades-do-morrazo-regresa-133088121.html)

_2026-08-09 · B. C. · Faro de Vigo - Escaparate_

A Feira de Oportunidades do Morrazo volverá converter Cangas nun gran espazo comercial ao aire libre os días 14, 15 e 16 de agosto. A cita, que alcanza este ano a súa 21ª edición, reunirá nas inmediacións dos Xardíns do Sinal a 25 establecementos de diferentes sectores, que ofrecerán artigos de stock con importantes descontos.

## [Caldas de Reis déixase levar pola corrente da festa](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/08/caldas-reis-deixase-levar-pola-133164661.html)

_2026-08-08 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Caldas de Reis xa quenta motores para celebrar unha das citas máis esperadas do seu calendario festivo. Do 9 ao 16 de agosto, a vila termal volverá encher as súas rúas de ambiente, música e tradición cun programa pensado para todos os públicos, no que se combinan as celebracións máis arraigadas coa presenza de destacados artistas do panorama musical galego e grandes formacións das verbenas.

## [Generate Viral Hot Takes (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/M5wtGGrVIgDJ)

_2026-08-08 · **Sponsored**_

Get platform-optimized hot takes and rebuttals to spark debate and engagement

## [Máis de seis décadas adozando a Boa Vila](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/07/mais-seis-decadas-adozando-boa-133164086.html)

_2026-08-07 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Desde a súa apertura, o 25 de xullo de 1963, a Confitería Capri converteuse nun dos establecementos máis emblemáticos de Pontevedra. Fundada por Arturo Prieto Salvadores e María Luisa Fuertes Veigas, o seu nome nace da unión das palabras Confitería Arturo Prieto, unha denominación que hoxe forma parte da historia comercial da cidade.

## [O mellor escaparate para a cidade de Pontevedra](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/07/o-mellor-escaparate-cidade-pontevedra-133164090.html)

_2026-08-07 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

As festas da Peregrina converten durante once días a capital do Lérez nun espazo aberto á cultura, ao encontro e á convivencia, onde a programación festiva serve de punto de partida para descubrir unha cidade que leva anos consolidándose como un dos grandes destinos urbanos de Galicia.

## [Once días para vivir Pontevedra na rúa](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/07/once-dias-vivir-pontevedra-na-133164061.html)

_2026-08-07 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Un gran escenario ao aire libre. Durante once días, do 7 ao 17 de agosto, a música volverá ocupar un lugar protagonista nas rúas e prazas da Boa Vila, cun cartel que reúne figuras históricas do rock e do pop español, artistas emerxentes, bandas galegas e espectáculos creados especificamente para esta edición das festas.

## [O corazón da Peregrina latexa con máis forza que nunca](https://www.farodevigo.es/escaparate/2026/08/07/o-corazon-da-peregrina-latexa-133163863.html)

_2026-08-07 · Moncho González · Faro de Vigo - Escaparate_

Máis alá da música e dos espectáculos, as festas continúan conservando un profundo vínculo coa súa historia e coa devoción á Virxe Peregrina, patroa da cidade. Este 2026 será, ademais, unha edición especialmente simbólica porque o santuario recupera a súa imaxe tras meses de restauración e a confraría chega ao inicio das celebracións cun número histórico de novos integrantes.

## [Vodas de prata de música electrónica](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/vodas-prata-musica-electronica-132995652.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

Salvaterra xa está lista para vivir hoxe unha das súas citas musicais máis agardadas. O Son da Muralla celebra a súa 25ª edición cunha programación deseñada especialmente para conmemorar un cuarto de século de música electrónica festa e momentos compartidos que converteron a este festival nunha referencia festiva.

## [Chapela viste de rock coa 12ª edición do Berete Rock](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/chapela-viste-rock-coa-12a-132995494.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

O Paseo Marítimo de Chapela celebra esta noite a décimo terceira edición do festival Berete Rock, unha das citas máis agardadas do verán en Redondela. Organizado polo Concello e a Asociación Berete Rock, o evento mantén un ano máis o seu carácter totalmente gratuíto.

## [«Tendo un bo público, coma o que temos sempre, aseguras uns bos artistas»](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/tendo-bo-publico-coma-o-132996889.html)

_2026-08-01 · Julio Mera · Faro de Vigo - General_

Esta fin de semana celébrase no paseo do porto da Guarda o festival Galifornia Beat, unha ocasión única para gozar do skate, actividades urbanas e do rock. Pola súa orixinalidade e boa organización estase a converter nun dos eventos máis importantes do verán de Galicia.

## [O Porriño súmase á axuda humanitaria para Venezuela](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/o-porrino-sumase-axuda-humanitaria-132996550.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

Máis dun mes despois do terremoto, Venezuela segue a precisar axuda e o Concello do Porriño quere sumarse de xeito activo á iniciativa organizada pola Federación Venezolana en Galicia (FEVEGA). A emerxencia orixinou un elevado número de persoas afectadas e agravou a falla de recursos básicos no país, unha situación que persiste.

## [Concello e AEMOS crean unha carreira contra a violencia](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/concello-aemos-crean-unha-carreira-132996549.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

O Concello de Mos colaborará con AEMOS na organización da I Carreira Popular ACTIVAEMOS, unha iniciativa que se celebrará o 11 de outubro e que nace co obxectivo de promover o deporte como espazo de participación cidadá e contribuír á sensibilización fronte á violencia de xénero.

## [Aberto o prazo para a XV Carreira Nigrán Area](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/aberto-o-prazo-xv-carreira-132996539.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

O Concello de Nigrán organiza o vindeiro domingo 30 de agosto unha das súas citas deportivas máis emblemáticas do verán: a 15ª edición da Nigrán Area, carreira popular de atletismo pola praia de Panxón e Praia América. O prazo de inscrición estará aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 27 de agosto ás 23:59 horas, cunha cota de 12 euros na categoría absoluta e de balde nas demais.

## [Meet Claude, the AI assistant (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/4Yuk8uBgQ0CU)

_2026-08-01 · **Sponsored**_

Conversational AI to answer questions, brainstorm ideas, and help with tasks.

## [Torroso celebra mañá a súa Xuntanza Veciñal](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/torroso-celebra-mana-sua-xuntanza-132996280.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

Mañá terá lugar a Xuntanza Veciñal de Torroso, unha das citas de convivencia máis representativas da vila de Mos, nunha xornada pensada para tódalas idades.

## [«Memoria do Mar» para rescatar a voz da súa xente](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/memoria-do-mar-rescatar-voz-132996548.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu o acto de clausura do Campo de Voluntariado «Memoria do Mar» e a presentación do documental elaborado polos trece mozos e mozas participantes nesta iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, enmarcada na súa Campaña de Verán.

## [16 roteiros ambientais para activar o mes de agosto](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/16-roteiros-ambientais-activar-o-132996543.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

O Concello de Redondela presenou a súa programación de Roteiros Ambientais e Culturais para agosto, que amplía as propostas de anteriores edicións con novos itinerarios pensados para o público familiar.

## [A Guarda estrea a I Milla Urbana das Festas do Monte](https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/08/01/guarda-estrea-milla-urbana-das-132996542.html)

_2026-08-01 · D. P. · Faro de Vigo - General_

O vindeiro luns 3 de agosto, ás 17:00 horas, A Guarda acollerá a celebración da I Milla Urbana das Festas do Monte, unha nova proba que nace coa vocación de converterse nun referente deportivo dentro das tradicionais Festas do Monte.

## [O Pino honra a súa raza de galo autóctona, celta e supervivente](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/01/o-pino-honra-sua-raza-133025755.html)

_2026-08-01 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Pino vístese de gala esta fin de semana para gozar dunhas das súas festas máis emblemáticas. Entre o sábado e o domingo celebraranse de xeito simultáneo a Festa do Galo Piñeiro e a mostra cabalar, en dúas xornadas repletas de actividades para todos os públicos.

## [A Deputación destina 1,7 millóns a mellorar 8,5 km de vías en Muxía, Dumbría, Ordes e Vimianzo](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/07/31/deputacion-destina-1-7-millons-132991789.html)

_2026-07-31 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade o proxecto de mellora da capa de rodaxe na estrada provincial DP-3403, no tramo que vai dende a AC-552 ata Vilarmide por Senande. Trátase dun treito de 3,7 quilómetros que discorre polos termos municipais de Dumbría e Muxía. As obras contarán cun investimento total de 492.627,64 euros.

## [Na Idade Media máis colorida](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/na-idade-media-mais-colorida-132420494.html)

_2026-07-13 · Manuel F. Vieites · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

En 1965, na cidade de Tucumán, República Arxentina, tiña lugar, no marco do Festival de Coros Universitarios, a presentación da Cantata Modatón, espectáculo mixto de música, canto e teatro, con partitura e dirección de Gerardo Masana, antes da irrupción de Johann Sebastian Mastropiero. Tratábase dunha parodia da Paixón Segundo San Mateo de Johann Sebastian Bach, a cargo dun grupo de integrantes do…

## [En tempo de pasarelas](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/en-tempo-de-pasarelas-132420186.html)

_2026-07-13 · Román Padín Otero · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

Coa chegada do mes de xullo, asistimos á presentación das pasarelas de moda nas principais capitais do mundo. Son coleccións de roupa de confección para o verán do 2027, coleccións de home e de muller; están logo as de alta costura (inverno 2026), cruceiro, coleccións de Londres, Madrid, París, Nova York, Milán, Florencia, Roma, Pekín…, recentemente, coleccións dende Córsega. A xeografía toda é un…

## [Música e memoria](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/musica-memoria-132419983.html)

_2026-07-13 · Judith R. Iglesias · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

Cando Rosalía e Carminho compartiron unha canción, o fado volveu cruzar o limiar da súa propia Memória. Ese é precisamente o título do tema coescrito pola fadista portuguesa e incluído no disco Lux (2025) da catalá. Con todo, non é a primeira vez que se difuminan as fronteiras musicais, nin moito menos. O canto lisboeta leva décadas atravesando o Miño, pasando das tabernas aos teatros e mesmo…

## [As rúas de todos os ventos](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/as-ruas-ventos-132419839.html)

_2026-07-13 · Lois Alcayde Dans · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

Na solaina do verán na que nos atopamos, quen lles escribe non atopaba un tema axeitado co cal despedirse deste xeitoso suplemento até a volta do descanso estival. A miña cabeza matinaba, no medio do verde da ría de Pontevedra así cando no seu paseo esvae en horizontal, sobre un tema algo refrescante mentres a calor dorme aos muxes do esteiro, os parques amarelan e, dende a Boa Vila na que…

## [One Cloud, Every AI Layer (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/kMLZnYMHVXvd)

_2026-07-13 · **Sponsored**_

Run agents, inference, and infrastructure on one stack — economics improve as you scale.

## [Óleos 1945-1977](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/oleos-1945-1977-132419712.html)

_2026-07-13 · Carlos L. Bernárdez · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

A Fundación Luís Seoane -institución que cumpre 30 anos- ofrece unha exposición de 55 óleos de Seoane que non se mostraban ao público desde hai máis de dez anos, con 38 pezas que nunca foron expostas nas súas salas. A mostra permite un suxestivo e representativo achegamento á evolución da súa pintura desde mediados da década dos corenta até o final da súa traxectoria, unha ampla cronoloxía que nos…

## [Un verán en viñetas](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/13/un-veran-cheo-de-bd-132418956.html)

_2026-07-13 · Raquel López · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

Xa comezou a época estival. Con ela, chega tamén o circuíto de feirados de BD e autoedicións en toda Galicia. E o primeiro en arrincar foi o «Fun Fun Fun» , celebrado o sábado 6 de xuño en Santiago de Compostela; o festival de fanzines picheleiro desenvolveu a súa oitava edición na Casa das Máquinas.

## [Simboloxía e identidade](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/10/simboloxia-identidade-132310109.html)

_2026-07-10 · Cipriano Luis Jiménez Casas · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

O Test da Árbore foi desenvolvido polo psicólogo suízo Karl Koch en 1949, e forma parte dos denominados tests proxectivos ou tests gráficos, baseado en que o debuxo constitúe unha linguaxe cuxa finalidade última é comunicar as achegas persoais e afectivas asociadas simbolicamente a intimidade dos nenos/as e persoas adultas en relación ca súa contorna. Trátase dunha dunha ferramenta útil, simple e…

## [Contra a desmemoria](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/03/exposicion-a-derradeira-leicion-do-mestre-castelao-museo-de-pontevedra-132058991.html)

_2026-07-03 · Carlos L. Bernárdez · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

O novo retorno desde a Arxentina do óleo A derradeira leición do mestre, agora exposto no Museo de Pontevedra, que debería ser unha ocasión para revisar a obra realizada por Castelao no período final da súa vida a carón das obras de guerra do rianxeiro que custodia o museo, está ser obxecto dunha intensa polémica á que serviu de espoleta a negativa do PP a recoñecer o Día da Galiza Mártir o 17 de…

## [Arredor do futuro construído](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/03/beiramar-da-xente-rehabilitacion-patrimonio-industrial-vigo-132060686.html)

_2026-07-03 · Alberte Reboreda · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

«Todos os meus traballos finais académicos e outros que fixen despois para varios concursos estiveron relacionados coa recuperación do patrimonio industrial en Galicia e no norte de España. De feito, a declaración coa que empezaba a miña solicitude era que non hai nada máis sostible que recuperar o que xa existe». Quen así fala para FARO DE VIGO é a arquitecta compostelá Marta Morato Costa,…

## [Na memoria colectiva íntima](https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2026/07/03/fran-p-lorenzo-blanca-riestra-e-manuel-veiga-na-memoria-colectiva-intima-132068175.html)

_2026-07-03 · César Lorenzo Gil · Faro de Vigo - Faro da Cultura_

Nesta entrega queremos falar de tres novelas e tres autores moi distintos entre si, pero que coinciden en aproximarse a determinados momentos da nosa historia contemporánea, que non recente. Non tanto co ánimo de documentalos senón para captar e desenvolver unha percepción subxectiva que ao cabo acaba sendo tamén un enfoque colectivo compartido. Son olladas do século XXI a momentos concretos do…

## [Frades pecha o dispensario de Ponte Carreira para executar varias melloras](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/07/01/frades-pecha-o-dispensario-ponte-132017904.html)

_2026-07-01 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

A Xunta vén de poñer en marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira, en Frades, cun investimento de máis de 150.000 euros.

## [Melide marca o compás xacobeo da Galicia interior](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/melide-marca-o-compas-xacobeo-131624398.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide é unha das grandes vilas xacobeas de Galicia. Aquí conflúen o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, convertendo o municipio nun dos puntos máis simbólicos da peregrinación a Compostela e nun destino onde historia, patrimonio e natureza camiñan da man.

## [Unha travesía en caiac para descubrir o Ulla en Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/unha-travesia-caiac-descubrir-o-131629325.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro volverá apostar este verán polo deporte e a natureza cunha nova xornada de caiac polo río Ulla, programada para o sábado 11 de xullo. A iniciativa permitirá descubrir desde a auga unha das paisaxes máis atractivas do municipio a través dun percorrido apto para diferentes idades. A actividade contará con dúas quendas de 20 prazas cada unha, unha ás 11.00 horas e outra ás 16.00.…

## [O Castelo de Santa María volverá arder en Arzúa](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/o-castelo-santa-maria-volvera-131624476.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Arzúa celebrará o vindeiro 23 de xuño unha nova edición dunha das súas citas máis singulares: a tradicional queima do Castelo de Santa María, unha celebración que reunirá veciñanza, visitantes e peregrinos arredor do lume, da música e das tradicións de San Xoán.

## [Concerto das Letras da Banda de Música Isabel II de Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/concerto-das-letras-da-banda-130296984.html)

_2026-05-16 · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro destaca a importancia da celebración das Letras Galegas como unha das datas máis significativas para a cultura e identidade da comunidade. Esta conmemoración representa unha homenaxe á lingua galega, aos escritores e escritoras e ao patrimonio cultural que define a Touro como pobo.

## [Teatro infantil sobre a historia das Letras no multiúsos de Frades](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/teatro-infantil-historia-das-letras-130296703.html)

_2026-05-16 · Iago Rodríguez · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Frades utilizará o teatro para concienciar os máis pequenos sobre a importancia de preservar a historia da nosa lingua. Pola mañá, concretamente ás 11.30 horas, o edificio multiúsos acollerá o espectáculo infantil A gran viaxe das Letras Galegas até Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.

