# ecos (news sources) — RSS Amplifier

Recent posts from the 1 feeds in the RSS Amplifier directory that cover ecos.

Page: <https://rssamplifier.com/topics/ecos/news>  
Feed: <https://rssamplifier.com/topics/ecos/news.md>

---

## [A caída das malas influencias](https://www.ecosdacomarca.com/post/a-ca%C3%ADda-das-malas-influencias)

_2026-08-21 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Xeral Esta semana non se fala de outra cousa nas redes sociais e nas noticias de todo o mundo. A caída dos grandes nomes do mundo influencer é o tema estrela e para ser totalmente sinceros isto non nos sorprende a case ninguén. Era algo que se vía vir dende hai moito tempo porque ese tipo de vidas de luxo desenfreado e ese estilo de vida tan artificial non teñen nada de normal. O…

## [María Manuela Colmeiro de Silleda celebra 101 anos rodeada da súa familia](https://www.ecosdacomarca.com/post/mar%C3%ADa-manuela-colmeiro-de-silleda-celebra-101-anos-rodeada-da-s%C3%BAa-familia)

_2026-08-21 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

Laura Moure/Silleda O Concello de Silleda continúa celebrando a lonxevidade das súas veciñas e veciños. Onte foi a quenda de María Manuela Colmeiro Colmeiro, que o vindeiro luns, 24 de agosto, cumprirá 101 anos. A alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Cultura, Mónica González, achegáronse este xoves ata o seu domicilio actual, na avenida do Parque, onde Manuela reside xunto cunha das…

## [O BNG de Agolada propón levar a formación e prevención de incendios ás parroquias](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-agolada-prop%C3%B3n-levar-a-formaci%C3%B3n-e-prevenci%C3%B3n-de-incendios-%C3%A1s-parroquias)

_2026-08-21 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Susana Tato: "Non podemos resignarnos a vivir todos os veráns con medo" Ecos da Comarca/Agolada O BNG de Agolada levará ao próximo pleno municipal unha moción para poñer en marcha un Programa Municipal de Formación e Prevención de Incendios por Parroquias, co obxectivo de achegar á veciñanza coñecementos prácticos sobre prevención, autoprotección e actuación ante unha emerxencia. PUBLICIDADE Preme…

## [Ecos da Verbena 2026: consulta algunhas das festas dos vindeiros días](https://www.ecosdacomarca.com/post/ecos-da-verbena-2026-consulta-algunhas-das-festas-dos-vindeiros-d%C3%ADas-101)

_2026-08-21 · Ecos da VERBENA · Ecos da Comarca_

Ecos da Verbena/Xeral En pleno verán xa hai festas en moitos recunchos da xeografía, e na nosa contorna... non é menos!!! E nesta sección anunciamos algunhas das festas que terán lugar nos vindeiros días! SE ERES DUNHA COMISIÓN DE FESTAS e queres PUBLICITARTE na nosa sección Ecos da VERBENA mándanos un correo a ecosdacomarca@gmail.com ou fálanos a través das nosas redes sociais. Somos o teu mellor…

## [A Bandeira estrea «Lección de Empanada» e brinda polo arranque da 50ª edición da súa gran festa](https://www.ecosdacomarca.com/post/a-bandeira-estrea-lecci%C3%B3n-de-empanada-e-brinda-polo-arranque-da-50%C2%AA-edici%C3%B3n-da-s%C3%BAa-gran-festa)

_2026-08-21 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

O mural de Yoseba MP, inspirado na coñecida “Lección de anatomía” de Rembrandt, rende homenaxe á tradición empanadeira e á transmisión entre xeracións Laura Moure/Silleda A empanada elevouse onte na Bandeira á categoría de obra de arte. A vila abriu os días grandes da súa 50ª Festa da Empanada coa estrea oficial de “Lección de Empanada”, o mural realizado por Yoseba MP para conmemorar medio século…

## [O BNG de Lalín levará ao pleno o corte de subministración de auga](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-lal%C3%ADn-levar%C3%A1-ao-pleno-o-corte-de-subministraci%C3%B3n-de-auga)

_2026-08-21 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Lalín O corte de subministración de auga rexistrado en Lalín volve poñer de manifesto, ao xuízo do BNG de Lalín, "a incapacidade do goberno municipal para garantir un servizo mínimo e ofrecer á cidadanía unha resposta á altura das circunstancias". Resulta especialmente grave, apunta o Bloque, "que a veciñanza tivese que agardar ata 15 horas para recibir información por parte do…

## [Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan na Escola de Verán do Pino cunha programación variada](https://www.ecosdacomarca.com/post/arredor-de-150-rapaces-e-rapazas-desfrutan-na-escola-de-ver%C3%A1n-do-pino-cunha-programaci%C3%B3n-variada)

_2026-08-21 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

A ‘Feira da Creatividade’ é o fío condutor dunha proposta que combina xogos, obradoiros, deporte e actividades educativas Laura Moure/ O Pino A Escola de Verán do Pino, organizada polo Concello a través da Concellería de Muller e Benestar Social, entra na súa recta final tras case dous meses de intensa actividade. Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan desde o 22 de xuño dunha iniciativa que…

## [O programa Cultiva 2026 levarase a cabo en Cruces nunha explotación de Porco Celta e Rubia Galega](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-programa-cultiva-2026-levarase-a-cabo-en-cruces-nunha-explotaci%C3%B3n-de-porco-celta-e-rubia-galega)

_2026-08-21 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

O programa cobre os gastos de aloxamento, manutención e transporte e contempla unha compensación polos gastos de substitución na explotación Laura Moure/Vila de Cruces O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, anima á mocidade interesada a solicitar a súa participación no programa Cultiva 2026, impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para facilitar estancias…

## [Xanela Comarcal: consulta algúns dos eventos dos vindeiros días](https://www.ecosdacomarca.com/post/xanela-comarcal-consulta-alg%C3%BAns-dos-eventos-dos-vindeiros-d%C3%ADas-999)

_2026-08-21 · Xanela Comarcal · Ecos da Comarca_

Xanela Comarcal/Xeral PUBLICIDADE Preme na imaxe para obter máis información do evento. PUBLICIDADE Preme na imaxe para obter máis información do evento. A Xanela Comarcal, a túa sección dentro de Ecos da Comarca. Será o teu escaparate, para dar voz aos teus eventos. Se celebras calquera festa, vas presentar un libro, estás preparando unha exposición, un mercadillo...? Pois Xanela Comarcal é o…

## [O BNG de Silleda denuncia "o desperdicio de auga en Ponte en plena situación de alerta por seca"](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-silleda-denuncia-o-desperdicio-de-auga-en-ponte-en-plena-situaci%C3%B3n-de-alerta-por-seca)

_2026-08-21 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Silleda O BNG de Silleda denuncia "unha situación de despilfarro de auga potable nos lugares de Casderrei e O Sino, na parroquia de Ponte, onde segundo trasladan os propios veciños e veciñas, a auga leva correndo de maneira continua por tubaxes da nova rede de abastecemento que aínda non están conectadas ás vivendas". A situación, apunta o Bloque, "resulta especialmente preocupante…

## [Crypto Payments, No Custody (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/jX5u1uBVi2zz)

_2026-08-21 · **Sponsored**_

Send crypto to merchant wallets via API with real-time updates and automatic fees.

## [Unha persoa resulta ferida leve tras un accidente en Castro de Cabras, en Lalín](https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-resulta-ferida-leve-tras-un-accidente-en-castro-de-cabras-en-lal%C3%ADn)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Lalín Este xoves rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. O 112 Galicia foi alertado pouco despois das 12:30 horas. Foto de arquivo. Tal e como informa o 112 Galica tratouse unha saída de vía dun coche na estrada PO 533 á altura de Castro de Cabras. PUBLICIDADE Preme na imaxe para obter máis información deste evento. PUBLICIDADE Preme na imaxe para obter máis…

## [Unha persoa resultou ferida leve nun accidente no Pino](https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-resultou-ferida-leve-nun-accidente-no-pino)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/O Pino Este xoves rexistrouse un accidente de tráfico no municipio do Pino. Urxencias Sanitarias foron alertadas escasos minutos antes das 11 horas. PUBLICIDADE Preme na imaxe para obter máis información deste evento. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía dun coche e tivo lugar na estrada DP 6602 á altura do quilómetro 2, na estrada que comunica Castelo…

## [O subministro de auga no núcleo urbano de Lalín queda restablecido ao 75%](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-subministro-de-auga-no-n%C3%BAcleo-urbano-de-lal%C3%ADn-queda-restablecido-ao-75)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

En canto ao abastecemento na rede do rural, explica o rexedor, que o subministro comezará a recuperarse progresivamente a partir das 15:00 horas de hoxe Ecos da Comarca/Lalín O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou a media mañá de hoxe que a empresa concesionaria, Aquadeza, informou na reunión de seguimento mantida a primeira hora de hoxe que ao longo da pasada noite os depósitos que surten o…

## [As XXII Xornadas de Limpeza do río Furelos e os seus afluentes serán o 29 de agosto e o 5 e 12 de setembro](https://www.ecosdacomarca.com/post/as-xxii-xornadas-de-limpeza-do-r%C3%ADo-furelos-e-os-seus-afluentes-ser%C3%A1n-o-29-de-agosto-e-o-5-e-12-de-se)

_2026-08-20 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

Laura Moure/Melide A Asociación de Troiteiros Río Furelos–Melide xa ten en marcha unha nova edición das súas tradicionais Xornadas de Limpeza do río Furelos e os seus afluentes, unha iniciativa que este ano alcanza a súa XXII edición e que volverá reunir a persoas voluntarias comprometidas coa conservación dos ríos e do medio natural. As xornadas desenvolveranse en tres datas: 29 de agosto, 5 e 12…

## [ADOS fai un chamamento á doazón de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo](https://www.ecosdacomarca.com/post/ados-fai-un-chamamento-%C3%A1-doaz%C3%B3n-de-sangue-dos-grupos-a-positivo-a-negativo-0-positivo-e-0-negativo)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Xeral A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a…

## [Alba Forno esixe explicacións polos cortes de auga en Lalín e lamenta que as medidas cheguen tarde](https://www.ecosdacomarca.com/post/alba-forno-esixe-explicaci%C3%B3ns-polos-cortes-de-auga-en-lal%C3%ADn-e-lamenta-que-as-medidas-cheguen-tarde)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

A concelleira solicitou unha reunión de voceiros urxente para coñecer de primeira man cal é a situación Ecos da Comarca/Lalín O PSdeG-PSOE de Lalín esixe ao goberno que asuma responsabilidades polos cortes de auga. Ante o último corte que afecta a boa parte do casco urbano desde o martes, 18 de agosto, ás 22 horas, a voceira socialista, Alba Forno, considera "inaceptable que a veciñanza pase horas…

## [O SLG pide unha xuntanza urxente con Medio Rural para tomar medidas para paliar os efectos da seca](https://www.ecosdacomarca.com/post/o-slg-pide-unha-xuntanza-urxente-con-medio-rural-para-tomar-medidas-para-paliar-os-efectos-da-seca)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

Ecos da Comarca/Xeral O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de rexistrar un escrito no que solicita á Consellería de Medio Rural (CMR) unha xuntanza con carácter urxente para poñer enriba da mesa a difícil situación que atravesan as granxas galegas por mor da seca e acordar medidas concretas que axuden a afrontala. Para o sindicato, "o tempo pasa e a administración galega segue sen escoitar as…

## [No ciclo As Mañás en Nugallás do 22 de agosto construirase un hotel para insectos!](https://www.ecosdacomarca.com/post/no-ciclo-as-ma%C3%B1%C3%A1s-en-nugall%C3%A1s-do-22-de-agosto-construirase-un-hotel-para-insectos)

_2026-08-20 · Laura Moure · Ecos da Comarca_

Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro Laura Moure/Antas de Ulla E ti construiches algunha vez un hotel? E un hotel para insectos?! Pois poderalo facer este sábado 22 de agosto no ciclo cultural As Mañás en Nugallás. É unha idea orixinal de Tarabela Creativa que ten lugar todos os sábados pola mañá de xullo e agosto no Centro Xeográfico de Galicia, en Nugallás, en Antas de Ulla.…

## [Somoza confirma que a Xunta achegará 500.000€ para rematar o edificio polivalente asistencial de Rodeiro](https://www.ecosdacomarca.com/post/somoza-confirma-que-a-xunta-achegar%C3%A1-500-000-para-rematar-o-edificio-polivalente-asistencial-de-rod)

_2026-08-20 · ecosdacomarca · Ecos da Comarca_

A voceira popular remarca que “ante a falta de compromiso do Goberno central, serán outra vez as Administraciónsgobernadas polo PP as que lle saquen as castañas do lume ao goberno local” Ecos da Comarca/Rodeiro A voceira do Grupo Municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, confirmou onte que a Xunta de Galicia achegará 500.000 euros ao Concello de Rodeiro para rematar a construción do edificio…

