# concello de (blogs) — RSS Amplifier

Recent posts from the 2 feeds in the RSS Amplifier directory that cover concello de.

Page: <https://rssamplifier.com/topics/concello-de/blogs>  
Feed: <https://rssamplifier.com/topics/concello-de/blogs.md>

---

## [Carballo completa a auditoría ambiental das praias de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/26/carballo-completa-auditoria-anual-emas-133682179.html)

_2026-08-26 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello de Carballo vén de completar a auditoría anual da certificación ambiental EMAS das praias incluídas no seu ámbito: Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal. Un proceso que permite avaliar de maneira independente o funcionamento do sistema municipal de xestión ambiental e comprobar tanto o cumprimento dos requisitos establecidos como a evolución dos obxectivos de mellora.

## [A aldea do Couto florece como exemplo de recuperación e vida no rural](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/26/aldea-do-couto-florece-exemplo-133676459.html)

_2026-08-26 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, supervisou, acompañada do alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, do presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela, e do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Luis de Salvador, as accións desenvolvidas na aldea do Couto ao abeiro do proxecto Couto Florido.

## [As mariscadoras do Anllóns traballan para recuperar o berberecho tras os temporais do inverno](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/26/as-mariscadoras-do-anllons-traballan-133672300.html)

_2026-08-26 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou en Cabana a Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns, onde mantivo un encontro coa súa presidenta, Inés García, e coas profesionais do colectivo para coñecer de primeira man a evolución dos seus bancos marisqueiros e dos traballos destinados á súa recuperación.

## [Alta demanda do servizo Madruga na Laracha: 154 nenos inscritos para o novo curso](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/26/alta-demanda-do-servizo-madruga-133664895.html)

_2026-08-26 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O servizo municipal Madruga, integrado no Programa Harmoniza do Concello da Laracha, contará o próximo curso escolar cun mínimo de 154 usuarios despois de que o período de inscrición rematase o pasado 31 de xullo con todas as solicitudes presentadas en prazo admitidas.

## [Rockarballo pon o broche de ouro ás Ondas Culturais de Carballo con talento local](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/26/rockarballo-pon-o-broche-ouro-133664061.html)

_2026-08-26 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Música, cinema e tradición en diferentes puntos de Carballo ao abeiro das Ondas Culturais. O concerto Rockarballo porá o venres o punto final ás citas de verán no barrio da Milagrosa cunha noite dedicada ao talento musical local e da comarca.

## [De Cáceres, Valladolid, Lugo e Santiago a Laxe para gozar do volei-praia](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/25/caceres-valladolid-lugo-santiago-laxe-133651349.html)

_2026-08-25 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A praia de Laxe non é só unha das preferidas para o baño polos visitantes que se achegan á Costa da Morte, senón que tamén acolle un concorrido torneo de volei-praia 3x3, que este ano acadou a súa terceira edición e bateu récord de participación: 14 equipos.

## [Carballo reforza a conexión entre Oza e Cances cun investimento de 482.000 euros](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/25/carballo-reforza-conexion-oza-cances-133650411.html)

_2026-08-25 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello de Carballo vén de iniciar as obras de mellora integral da vía que comunica os lugares das Torres, na parroquia de Oza, e Cances Grande, na de Cances. A actuación permitirá unir ambas parroquias a través dun eixo viario de arredor de 3,3 quilómetros totalmente aglomerado, cun investimento de 481.964,74 euros.

## [As obras do parque empresarial de Coristanco licitaranse en 2027](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/25/as-obras-do-parque-empresarial-133645231.html)

_2026-08-25 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, avaliaron nunha xuntanza en Santiago os avances que se están acometendo para desenvolver a primeira fase do parque empresarial deste municipio coruñés.

## [Menos lixo, menos recibo: A Laracha aplica 883 bonificacións na taxa municipal](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/25/lixo-recibo-laracha-aplica-883-133644718.html)

_2026-08-25 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello da Laracha aplicará un total de 883 bonificacións e reducións no recibo do segundo semestre do actual ano 2026 pola taxa de recollida de lixo.

## [500 euros por día festivo: Carballo reforza o apoio ás festas populares](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/25/500-euros-dia-festivo-carballo-133634836.html)

_2026-08-25 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a celebración de festas populares durante o ano 2026, dotada cun orzamento de 27.500 euros.

## [Generate Viral Hot Takes (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/JbwnJZKNgi2Z)

_2026-08-25 · **Sponsored**_

Get platform-optimized hot takes and rebuttals to spark debate and engagement

## [Os núcleos costeiros triplican o consumo de auga en Carballo durante o verán](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/23/nucleos-costeiros-disparan-o-consumo-133584105.html)

_2026-08-23 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello de Carballo reforza a chamada á cidadanía para facer un uso responsable da auga tras a activación da situación de alerta por escaseza na conca do río Anllóns, nun momento do ano no que á redución dos recursos hídricos se suma o incremento estacional da demanda, especialmente nas zonas costeiras.

## [Caión vibra cos Rueiros da Vila entre música, tradición e talento local](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/21/caion-vibra-cos-rueiros-da-133539637.html)

_2026-08-21 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A vila de Caión, da Laracha, vive uns días moi especiais con motivo da sexta edición dos Rueiros da Vila, que ata o domingo, día 23, traen música, historia, tradición, mar e gastronomía ás rúas, prazas e outros recunchos.

## [Atraco frustrado en Malpica: huyen sin botín tras llevarse la caja fuerte de un supermercado](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/21/atraco-frustrado-malpica-huyen-botin-133549116.html)

_2026-08-21 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Un atraco sin botín. Dos encapuchados accedieron la pasada noche al supermercado Eroski de Cerqueda, en Malpica, tras romper una de las cristaleras del establecimiento.

## [Melloras en camiños e parques de Malpica: licitadas obras por máis de 130.000 euros](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/21/melloras-caminos-parques-malpica-licitadas-133519748.html)

_2026-08-21 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello de Malpica ten actualmente en fase de licitación as obras de mellora do camiño de Pedrosa, na parroquia de Leiloio, e do vial que une Pontella con Beo, na parroquia de Vilanova, que serán financiadas coas axudas da Consellería do Medio Rural.

## [A escultura da píllara regresa a Razo cunha nova pel de madeira](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/20/escultura-da-pillara-regresa-razo-133507157.html)

_2026-08-20 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A escultura da píllara das dunas volve estar en Razo (Carballo). Creada polo artesán carballés Fabián Lage, regresou ao seu lugar habitual totalmente renovada e cunha importante novidade: o vimbio que caracterizaba a peza orixinal deixa paso á madeira, un material máis resistente co que se pretende garantir unha maior durabilidade da obra fronte ás condicións ambientais da primeira liña de costa.

## [Unha fonte seca converterá a praza de Maximino Canedo da Laracha nun refuxio climático](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/19/unha-fonte-seca-convertera-praza-133482476.html)

_2026-08-19 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

A Xunta de Galicia financiará cunha achega de 59.986,14 euros os traballos de construción dunha fonte seca ou transitable no Concello da Laracha, o que permitirá crear unha lámina de auga móbil en pleno centro urbano e converter a zona da intervención nun refuxio climático no que protexerse das altas temperaturas.

## [Unha vida ligada ao Concello de Carballo: Maite Márquez xubílase tras 42 anos de servizo](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/19/unha-vida-ligada-ao-concello-133480173.html)

_2026-08-19 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Despois de 42 anos como funcionaria do Concello de Carballo, Maite Márquez Caneda asinou este martes a súa xubilación na Alcaldía, rodeada de compañeiros e compañeiras, membros do goberno municipal, familiares e persoas moi próximas que quixeron acompañala nun momento cargado de emoción, lembranzas e tamén moito humor.

## [Accidente de quad en Coristanco: un adulto evacuado en helicóptero y un menor en ambulancia](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/accidente-quad-coristanco-adulto-evacuado-133468620.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Dos personas, un niño y un adulto, resultaron heridas esta tarde en Coristanco tras sufrir un accidente con el quad en el que circulaban. El siniestro se produjo sobre las 19.30 horas en el lugar de Outeiro, en el kilómetro 18, en la parroquia de Agualada.

## [Un conductor herido tras salirse de la vía un camión hormigonera en Ponteceso](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/conductor-herido-salirse-via-camion-133466386.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Un conductor resultó herido en Ponteceso después de salirse de la vía el camión hormigonera que manejaba. El accidente se produjo poco antes de las dos de la tarde en el kilómetro 3,8 de la carretera DP-6805, a su paso por Cores.

## [A Laracha ofrece cinco rutas guiadas para descubrir o seu patrimonio e a súa historia](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/laracha-ofrece-cinco-rutas-guiadas-133460272.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello pon en marcha A Laracha no tempo, un novo programa de visitas guiadas que convida a percorrer a historia do municipio a través dalgúns dos seus principais elementos patrimoniais. A proposta combina divulgación histórica, cultura e turismo e permitirá achegarse a diferentes lugares e espazos que forman parte da identidade larachesa.

## [Point a Domain, Start a Pit (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/3KOFr9mYG3Gg)

_2026-08-18 · **Sponsored**_

Point any domain to a blacked-out, poison-green coming-soon page with an email waitlist.

## [Denuncian o "abandono" do Anllóns e reclaman coordinación entre a Xunta e os concellos](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/denuncian-o-abandono-do-anllons-133452306.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O PSdeG organizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun "total estado de abandono".

## [Máis de 1.800 fogares de Carballo xa separan a materia orgánica](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/mais-1-800-fogares-carballo-133448688.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

O Concello de Carballo continúa avanzando na implantación da recollida separada da materia orgánica a través da campaña Ti tes a chave, que conta xa con 1.801 familias rexistradas.

## [Mozos de cinco países poñen en valor o patrimonio da Laracha nun campo internacional](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/18/mozos-cinco-paises-ponen-o-133438578.html)

_2026-08-18 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Catorce mozas e mozos de entre 18 e 30 anos procedentes de Italia, Colombia, Francia, Xapón e de diferentes puntos de España: Madrid, Zaragoza, Granada, Murcia, Badajoz e Vigo compartiron na Laracha dúas semanas de traballo, convivencia e actividades culturais no marco dun campo de voluntariado internacional organizado polo Concello larachés co apoio da Xunta de Galicia.

## [Milagre en Laxe: a Virxe do Carme resucita a un mariñeiro](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/08/17/milagre-laxe-virxe-do-carme-133431186.html)

_2026-08-17 · José Manuel Ramos Lavandeira · El Correo Gallego - Bergantiños_

Milleiros de persoas presenciaron en Laxe un novo milagre da Virxe do Carme. Grazas á súa intercesión un mariñeiro recuperou a vida despois de que os seus compañeiros depositasen o seu corpo aos seus pés, despois de protagonizar outra multitudinaria recreación do Naufraxio, unha Festa de Interese Turístico de Galicia.

## [Melide: natureza, patrimonio e gastronomía ao pé do San Roque](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/13/melide-natureza-patrimonio-gastronomia-ao-133343886.html)

_2026-08-13 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide dará mañá o pistoletazo de saída ás súas Festas de San Roque con nove días de celebración e un cartel de primeiro nivel. Panorama, París de Noia, 9Louro e moitas máis agrupacións de varios estilos musicais sucederanse do 14 ao 22 de agosto.

## [«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/12/comision-fai-traballo-moi-dificil-133298285.html)

_2026-08-12 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Ordes celebra as súas festas patronais dende este mércores 12 de agosto ata o domingo 16. Cinco días de festa cun cartel aínda mellor se cabe que as edicións anteriores, con orquestras do calibre de Panorama, París de Noia e Olympus. A música será, deste xeito, unha das grandes protagonistas dunha celebración que buscan atraer tanto veciñanza como visitantes doutros concellos.

## [O Pino honra a súa raza de galo autóctona, celta e supervivente](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/08/01/o-pino-honra-sua-raza-133025755.html)

_2026-08-01 · Iker Cotón · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Pino vístese de gala esta fin de semana para gozar dunhas das súas festas máis emblemáticas. Entre o sábado e o domingo celebraranse de xeito simultáneo a Festa do Galo Piñeiro e a mostra cabalar, en dúas xornadas repletas de actividades para todos os públicos.

## [A Deputación destina 1,7 millóns a mellorar 8,5 km de vías en Muxía, Dumbría, Ordes e Vimianzo](https://www.elcorreogallego.es/concellos/2026/07/31/deputacion-destina-1-7-millons-132991789.html)

_2026-07-31 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade o proxecto de mellora da capa de rodaxe na estrada provincial DP-3403, no tramo que vai dende a AC-552 ata Vilarmide por Senande. Trátase dun treito de 3,7 quilómetros que discorre polos termos municipais de Dumbría e Muxía. As obras contarán cun investimento total de 492.627,64 euros.

## [Frades pecha o dispensario de Ponte Carreira para executar varias melloras](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/07/01/frades-pecha-o-dispensario-ponte-132017904.html)

_2026-07-01 · Suso Souto · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

A Xunta vén de poñer en marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira, en Frades, cun investimento de máis de 150.000 euros.

## [Melide marca o compás xacobeo da Galicia interior](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/melide-marca-o-compas-xacobeo-131624398.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Melide é unha das grandes vilas xacobeas de Galicia. Aquí conflúen o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, convertendo o municipio nun dos puntos máis simbólicos da peregrinación a Compostela e nun destino onde historia, patrimonio e natureza camiñan da man.

## [Dissecting Series A Rounds (Sponsored)](https://crawlproof.com/a/RTIHhIkGXW8W)

_2026-06-20 · **Sponsored**_

Two real Series A cases: timelines, investor sequencing, and common founder mistakes.

## [Unha travesía en caiac para descubrir o Ulla en Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/unha-travesia-caiac-descubrir-o-131629325.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro volverá apostar este verán polo deporte e a natureza cunha nova xornada de caiac polo río Ulla, programada para o sábado 11 de xullo. A iniciativa permitirá descubrir desde a auga unha das paisaxes máis atractivas do municipio a través dun percorrido apto para diferentes idades. A actividade contará con dúas quendas de 20 prazas cada unha, unha ás 11.00 horas e outra ás 16.00.…

## [O Castelo de Santa María volverá arder en Arzúa](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/06/20/o-castelo-santa-maria-volvera-131624476.html)

_2026-06-20 · Redacción · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

Arzúa celebrará o vindeiro 23 de xuño unha nova edición dunha das súas citas máis singulares: a tradicional queima do Castelo de Santa María, unha celebración que reunirá veciñanza, visitantes e peregrinos arredor do lume, da música e das tradicións de San Xoán.

## [Concerto das Letras da Banda de Música Isabel II de Touro](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/concerto-das-letras-da-banda-130296984.html)

_2026-05-16 · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Touro destaca a importancia da celebración das Letras Galegas como unha das datas máis significativas para a cultura e identidade da comunidade. Esta conmemoración representa unha homenaxe á lingua galega, aos escritores e escritoras e ao patrimonio cultural que define a Touro como pobo.

## [Teatro infantil sobre a historia das Letras no multiúsos de Frades](https://www.elcorreogallego.es/ordes-arzua/2026/05/16/teatro-infantil-historia-das-letras-130296703.html)

_2026-05-16 · Iago Rodríguez · El Correo Gallego - Ordes- Arzúa_

O Concello de Frades utilizará o teatro para concienciar os máis pequenos sobre a importancia de preservar a historia da nosa lingua. Pola mañá, concretamente ás 11.30 horas, o edificio multiúsos acollerá o espectáculo infantil A gran viaxe das Letras Galegas até Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.

