RSS Amplifier

Blog

Retallos de matemáticas

Blogue de matemáticas en galego

retallosdematematicas.blogspot.comSource feed ↗10 posts

Live Last read · last published · next check

Written by

Latest posts

Todos os camiños levan a Roma (e 2)

Na entrada anterior propoñíamos un problema sobre grafos. De entre todos os tipos de grafos, podemos concordar en que os máis simples son os denominados grafos camiño ou grafos lineares. O grafo linear de lonxitude $n$ denótase $P_{n}$. Ilustraremos a idea co grafo linear $P_{4}$: Camiños nun grafo linear. Cantos camiños de lonxitude $k$ hai entre os vértices de $P_{4}$? Trátase de determinar a…

Todos os camiños levan a Roma (1)

Non sei se agora se estuda algo de teoría de grafos no grao de Matemáticas. Na miña época non se tocaba ese tema, por iso eu non teño nin idea sobre o asunto. Con todo, como son algo atolondrado, non é esta a primeira entrada do blogue que leva a etiqueta " grafos ". Ao meu favor teño que todas esas entradas son moi básicas pois nada hai que saber de teoría de grafos para poder seguilas sen…

A fórmula de Lehmer

De revisarmos as etiquetas das entradas deste blogue, comprobariamos que hai moitas con referencias ao número aúreo ou á sucesión de Fibonacci. A razón é ben evidente. Aquí tratamos matemáticas bonitas e non difíciles. Resulta que eses temas están adornados con estas condicións, consecuentemente volvemos a eles unha e outra vez. Sendo isto así estaría tentado a recoller ducias de resultados dalgún…

Unha elipse e un círculo. Un cadrado e unha semicircunferencia

Se dixera de onde recollín este problema seguramente saberías a solución sen ter que darlle ningunha volta. Daquela, como na entrada anterior, non revelarei ata o final a orixe desta proposta. Agora ben, como non vou revelalo ata o final, seguramente saberás cal é a solución. Unha elipse e un círculo. Consideremos a elipse de semieixos $a$ e $b$. Pídese determinar para que valor da razón…

Dous triángulos

Ben sabemos que para que tres números positivos $a$, $b$ e $c$ non sempre poden ser as lonxitudes dos lados dun triángulo. Para que poidan dedterminalo ten que verificarse que a suma de dous deles debe ser maior có outro. De forma ben natural, xorde o seguinte problema: Dous triángulos. Un triángulo ten lados $a\gt b\gt c$. Un segundo triángulo ten lados $\frac{1}{c}\gt \frac{1}{b}\gt…

O círculo que mola

Hai uns meses un compañeiro, taménm profesor de matemáticas, recomendárame ver A serie clopen , o proxecto do Centro Dramático Gaglego (CDG) que se estaba representando nesa altura. A recomendación viña, en concreto, da conexión da obra coas matemáticas. Como a min me gusta tanto esa ciencia como o teatro, tiven o firme propósito de ir ver o espectáculo. Porén, unhas veces por unha cousa e outras…

Denuncia da prohibición do uso do galego no ensino das matemáticas

Coñecín a Macías López, profesor de matemáticas, a raíz dun boletín que publicara cando estaba impartindo clase no Porto do Son. Tratábase da Revista Lambda , unh publicación onde podemos achar diversos artigos divulgativos sobre esta ciencia adicados a temas tan diversos como o cubo de Rubik, a banda de Möebius ou ao autor da Carta Xeométrica, Domingo Fontán. Neste vídeo, a coñecida activista da…

Outra vez a ecuación cúbica

Cada vez que me vén á cabeza a figura de Gerolamo Cardano (1501-1576) sáeme un sorriso ao lembrarme da súa autobiografía, Mi vida (Alianza Editorial, 1991). Recoméndollo a todo o mundo pois léndoo un decátase do extravagante que foi o personaxe. O ano 1565 é unha desas datas clave na historia das matemáticas por ser cando Cardano publica o Ars Magna , o libro onde dá conta da resolución da…

A razón dun problema de optimización. 2

Trátase de resolver o problema proposto na entrada anterior. Lembro que non só pedía a solución, senón a razón do problema. Velaquí o enunciado: Triángulo circunscrito a unha semicircunferencia. Dada unha semicircunfencia de raio $1$ pídense as dimensións do triángulo isóscele de perímetro mínimo circunscrito á circunferencia. Sexa $D(x,y)$, un punto calquera da semicircunferencia. Como $x$ e $y$…

A razón dun problema de optimización.1

Os problemas de optimización trátanse no bacharelato. Este tipo de problemas teñen o seu aquel. Vexamos por que. Moito do que se trata nas matemáticas non universitarias é de carácter algorítmico. Ben sei que tópicos, como por exemplo a resolución de ecuacións cadráticas, pode introducirse desde outros puntos de vista; mais, unha vez introducido vólvese unha cuestión puramente algorítmica e como…