Dormir bien es uno de esos pequeños hábitos capaces de cambiar por completo el día. Por eso, contar con un buen producto y un asesoramiento cercano puede marcar la diferencia. Esa es precisamente la filosofía con la que trabaja Saber Vivir, una firma especializada en descanso que desde hace alrededor de año y medio cuenta con presencia en Vigo.
O festival Pukativada para a xente miúda regresa a Soutomaior os días 22 e 23 de agosto cunha programación pensada para que nenos e nenas, familias e público de todas as idades desfruten dunha fin de semana chea de música, teatro, humor e actividades creativas.
Cuntis prepara unha intensa programación para celebrar as súas Festas Patronais, que se desenvolverán do 15 ao 18 de agosto cunha proposta pensada para diferentes públicos e idades. Durante catro xornadas, as rúas e prazas da localidade acollerán actos relixiosos, pasarrúas, concertos, actividades deportivas e culturais, propostas especialmente dirixidas ás familias e, por suposto, grandes noites…
Marín volverá viaxar este mes de agosto ao seu pasado corsario cunha das citas máis multitudinarias do seu calendario festivo. A Festa Corsaria 2026, que se celebrará os días 14 e 15 de agosto, chega este ano cunha participación récord e cunha implicación cada vez maior por parte da veciñanza e da hostalería local, consolidándose como unha das celebracións máis esperadas do verán marinense.
A Feira de Oportunidades do Morrazo volverá converter Cangas nun gran espazo comercial ao aire libre os días 14, 15 e 16 de agosto. A cita, que alcanza este ano a súa 21ª edición, reunirá nas inmediacións dos Xardíns do Sinal a 25 establecementos de diferentes sectores, que ofrecerán artigos de stock con importantes descontos.
Caldas de Reis xa quenta motores para celebrar unha das citas máis esperadas do seu calendario festivo. Do 9 ao 16 de agosto, a vila termal volverá encher as súas rúas de ambiente, música e tradición cun programa pensado para todos os públicos, no que se combinan as celebracións máis arraigadas coa presenza de destacados artistas do panorama musical galego e grandes formacións das verbenas.
Desde a súa apertura, o 25 de xullo de 1963, a Confitería Capri converteuse nun dos establecementos máis emblemáticos de Pontevedra. Fundada por Arturo Prieto Salvadores e María Luisa Fuertes Veigas, o seu nome nace da unión das palabras Confitería Arturo Prieto, unha denominación que hoxe forma parte da historia comercial da cidade.
As festas da Peregrina converten durante once días a capital do Lérez nun espazo aberto á cultura, ao encontro e á convivencia, onde a programación festiva serve de punto de partida para descubrir unha cidade que leva anos consolidándose como un dos grandes destinos urbanos de Galicia.
Un gran escenario ao aire libre. Durante once días, do 7 ao 17 de agosto, a música volverá ocupar un lugar protagonista nas rúas e prazas da Boa Vila, cun cartel que reúne figuras históricas do rock e do pop español, artistas emerxentes, bandas galegas e espectáculos creados especificamente para esta edición das festas.
Máis alá da música e dos espectáculos, as festas continúan conservando un profundo vínculo coa súa historia e coa devoción á Virxe Peregrina, patroa da cidade. Este 2026 será, ademais, unha edición especialmente simbólica porque o santuario recupera a súa imaxe tras meses de restauración e a confraría chega ao inicio das celebracións cun número histórico de novos integrantes.