A parroquia de Castiñeiras, en Ribeira, que celebra as súas festas do verán esta fin de semana, rendeu unha emotiva homenaxe á nadadora María Vilas, que xa conta cunha estrela no paseo da fama da localidade. O seu nome súmase aos do taekwondista Álex Vidal e do grupo Heredeiros da Crus.
Cientos de personas han disfrutado ya de los manjares del mar que se sirven en la quinta edición de la feria Gastromar, de Ribeira. Durante todo el fin de semana, la Asociación de Empresarios de Ribeira. Viamare Centro Comercial Aberto seguirá promocionando los productos pesqueros y marisqueros que entran por la lonja ribeirense y se comercializan en la plaza de abastos.
Nuevo golpe policial contra el narcotráfico en Galicia. Esta madrugada, efectivos del Grupo de Respuesta Especial contra el Crimen Organizado (GRECO) de la Policía Nacional desarrollaron una nueva operación en el municipio de A Pobra do Caramiñal, que, a la espera de confirmación de datos oficiales, se saldó con la incautación de una importante cantidad de cocaína, en torno a 1.500 kilos, y con,…
A Consellería do Medio Rural promove esta fin de semana en Ribeira o primeiro dos Mercados de Verán cos que busca poñer en valor a calidade diferenciada da produción agroalimentaria galega.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, asinaron o convenio de cooperación entre ambas administracións para a cesión dos terreos nos que se construirá a futura Casa de Acompañamento a Persoas Maiores (CAM).
De setembro a xaneiro de 2027, Outes a escena achegará ao auditorio da Casa da Cultura un total de dezanove representacións para todos os públicos, que inclúen teatro, música e narración, monicreques e espectáculos de novo circo.
Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Conservación da Natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, localizaron en días pasados 154,7 quilogramos de berberecho no marco dun operativo de vixilancia antifurtivismo no Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
A regatista Alejandra Vicens, de Ribeira, segue sumando éxitos e recibiu os parabéns da alcaldesa, María Sampedro, e do concelleiro de Deportes, Álex Vidal, que quixeron recoñecer o seu labor e esforzo cunha recepción oficial no concello.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na inauguración da V Feira Gastronómica Gastromar, de Ribeira, que ata o vindeiro domingo, con quendas de mañá e noite, ofrecerá elaboracións tradicionais e propostas innovadoras baseadas en especies de proximidade como o lirio, a sardiña, o peixe espada, o polbo, as ameixas, as navallas ou o camarón.
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou as Festas do Nazareno 2026, que se celebrarán os días 18, 19, 20 e 21 de setembro. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e un representante da comisión deron a coñecer a programación dunha das celebracións máis arraigadas da vila e unha cita destacada do calendario festivo pobrense.
O Concello de Ribeira informou a comezos do mes de agosto dunha serie de restricións no uso da auga procedente da rede municipal debido á falta de chuvia e ao alto consumo no verán. A Administración local procedeu a inutilizar as duchas das praias e limitar o regadío das zonas verdes.
Ribeira despedirá o mes de agosto coa duodécima edición da Festa do Polbo de Palmeira, que repartirá arredor dunha tonelada do cefalópodo entre os días 29 e 30, no porto, con Manuel Veloso aos fogóns. Tamén se poderán comer outras viandas como mexillóns, empanadas ou churrasco, entre outras, a prezos populares. Todo, amenizado con música en horario de mañá e de tarde.
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou a Asociación Amicos para coñecer os avances dos proxectos medioambientais da entidade e o traballo que están a desenvolver os seus activistas.
O Concello de Boiro adquire novas axudas técnicas para o préstamo a familias usuarias do servizo de axuda no fogar con persoas dependentes ao seu cargo. As 7 camas articuladas e 6 grúas súmanse ao banco de axudas técnicas que se foron adquirindo nos últimos anos e que levan prestado servizo a numerosas familias.
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha este xoves, 20 de agosto, a campaña Fóra Stocks Boiro 2026, unha iniciativa de dinamización comercial que se desenvolverá ata o sábado 22 de agosto e na que participan establecementos comerciais locais con descontos, promocións e ofertas especiais de fin de tempada.
Este sábado 22 de agosto se cumplirán diez años de uno de los crímenes más horrendos (y mediáticos) de los últimos años en España. Un crimen cuya investigación se prolongó durante 496 días, hasta que su autor acabó por confesarlo y desvelar dónde había ocultado el cadáver. Se cumplen diez años del asesinato de Diana Quer, cometido en A Pobra por el rianxeiro José Enrique Abuín Gey, El Chicle, que…
La dotación de guardia del Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira participa en la extinción de un incendio forestal en la parroquia ribeirense de Corrubedo.