RSS Amplifier

Blog

El Correo Gallego - Ordes- Arzúa

El Correo Gallego - Ordes- Arzúa

elcorreogallego.esSource feed ↗10 posts

Live Last read · last published · next check

Written by

Latest posts

Melide: natureza, patrimonio e gastronomía ao pé do San Roque

Melide dará mañá o pistoletazo de saída ás súas Festas de San Roque con nove días de celebración e un cartel de primeiro nivel. Panorama, París de Noia, 9Louro e moitas máis agrupacións de varios estilos musicais sucederanse do 14 ao 22 de agosto.

«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»

Ordes celebra as súas festas patronais dende este mércores 12 de agosto ata o domingo 16. Cinco días de festa cun cartel aínda mellor se cabe que as edicións anteriores, con orquestras do calibre de Panorama, París de Noia e Olympus. A música será, deste xeito, unha das grandes protagonistas dunha celebración que buscan atraer tanto veciñanza como visitantes doutros concellos.

O Pino honra a súa raza de galo autóctona, celta e supervivente

O Pino vístese de gala esta fin de semana para gozar dunhas das súas festas máis emblemáticas. Entre o sábado e o domingo celebraranse de xeito simultáneo a Festa do Galo Piñeiro e a mostra cabalar, en dúas xornadas repletas de actividades para todos os públicos.

A Deputación destina 1,7 millóns a mellorar 8,5 km de vías en Muxía, Dumbría, Ordes e Vimianzo

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade o proxecto de mellora da capa de rodaxe na estrada provincial DP-3403, no tramo que vai dende a AC-552 ata Vilarmide por Senande. Trátase dun treito de 3,7 quilómetros que discorre polos termos municipais de Dumbría e Muxía. As obras contarán cun investimento total de 492.627,64 euros.

Frades pecha o dispensario de Ponte Carreira para executar varias melloras

A Xunta vén de poñer en marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira, en Frades, cun investimento de máis de 150.000 euros.

Melide marca o compás xacobeo da Galicia interior

Melide é unha das grandes vilas xacobeas de Galicia. Aquí conflúen o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, convertendo o municipio nun dos puntos máis simbólicos da peregrinación a Compostela e nun destino onde historia, patrimonio e natureza camiñan da man.

Unha travesía en caiac para descubrir o Ulla en Touro

O Concello de Touro volverá apostar este verán polo deporte e a natureza cunha nova xornada de caiac polo río Ulla, programada para o sábado 11 de xullo. A iniciativa permitirá descubrir desde a auga unha das paisaxes máis atractivas do municipio a través dun percorrido apto para diferentes idades. A actividade contará con dúas quendas de 20 prazas cada unha, unha ás 11.00 horas e outra ás 16.00.…

O Castelo de Santa María volverá arder en Arzúa

Arzúa celebrará o vindeiro 23 de xuño unha nova edición dunha das súas citas máis singulares: a tradicional queima do Castelo de Santa María, unha celebración que reunirá veciñanza, visitantes e peregrinos arredor do lume, da música e das tradicións de San Xoán.

Concerto das Letras da Banda de Música Isabel II de Touro

O Concello de Touro destaca a importancia da celebración das Letras Galegas como unha das datas máis significativas para a cultura e identidade da comunidade. Esta conmemoración representa unha homenaxe á lingua galega, aos escritores e escritoras e ao patrimonio cultural que define a Touro como pobo.

Teatro infantil sobre a historia das Letras no multiúsos de Frades

O Concello de Frades utilizará o teatro para concienciar os máis pequenos sobre a importancia de preservar a historia da nosa lingua. Pola mañá, concretamente ás 11.30 horas, o edificio multiúsos acollerá o espectáculo infantil A gran viaxe das Letras Galegas até Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.