A plataforma Stop Biometano Xallas-Barcala, integrada por veciñas e veciños de Mazaricos e de Santa Comba, vén de impulsar diversas iniciativas para intentar paralizar o proxecto de construción dunha planta de biometano na parroquia das Maroñas, que xa conta con informe de impacto ambiental favorable.
Las Xornadas Gastronómicas da Confraría de Pescadores de Corcubión ya están en marcha tras una jornada inaugural marcada por la presencia institucional y una gran afluencia de público.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, asinaron un convenio de colaboración para que a entidade provincial financie con 86.636 euros o proxecto de turismo científico no Monte Pindo. Esta achega supón o 80% do orzamento total, que ascende a 108.295 euros e que Dumbría xestiona en representación conxunta cos municipios de Carnota e…
A vila de Caión, da Laracha, vive uns días moi especiais con motivo da sexta edición dos Rueiros da Vila, que ata o domingo, día 23, traen música, historia, tradición, mar e gastronomía ás rúas, prazas e outros recunchos.
Un atraco sin botín. Dos encapuchados accedieron la pasada noche al supermercado Eroski de Cerqueda, en Malpica, tras romper una de las cristaleras del establecimiento.
O pelotón do PC Baikers do Vilán, de Camariñas, vén de alcanzar unha nova meta internacional. A expedición ciclista camariñá completou os case 1.000 quilómetros da súa 3ª Ruta de Irmandamento, logrando o obxectivo de unir a pedaladas a localidade francesa de La Turballe coa cidade de Delemont, capital do cantón suízo de Jura.
O Concello de Malpica ten actualmente en fase de licitación as obras de mellora do camiño de Pedrosa, na parroquia de Leiloio, e do vial que une Pontella con Beo, na parroquia de Vilanova, que serán financiadas coas axudas da Consellería do Medio Rural.
O Concello de Vimianzo, a través da súa Área de Benestar e co apoio económico de Xeal, pon en marcha Luz na Soidade, un novo podcast de sensibilización e divulgación que nace co obxectivo de visibilizar a soidade non desexada e o illamento social, e promover unha maior conciencia social arredor desta realidade.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, supervisou o avance das obras de rehabilitación da antiga lonxa do peirao do Curbeiro, que permitirán transformar este emblemático edificio no futuro Museo dos Naufraxios.
Una senderista tuvo que ser rescatada esta tarde y trasladada en ambulancia al Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, tras sufrir una lesión cuando hacía una ruta por Camelle, en Camariñas.
A arte revive no Ézaro, en Dumbría, para poñer en valor o patrimonio inmaterial, a historia e a identidade como pobo. A veciñanza darase cita na praia o sábado, día 22, a partir das 11.00 horas para darlle vida ás seboleiras que retratou Ruth Matilda Anderson no ano 1924.
Portos de Galicia da un plazo máximo de 15 días naturales para retirar del puerto de Fisterra la embarcación Ganges V, un antiguo pesquero que años atrás había sido reconvertido años atrás para realizar rutas turísticas. Así lo recoge una orden publicada hoy en el Diario Oficial de Galicia.
A escultura da píllara das dunas volve estar en Razo (Carballo). Creada polo artesán carballés Fabián Lage, regresou ao seu lugar habitual totalmente renovada e cunha importante novidade: o vimbio que caracterizaba a peza orixinal deixa paso á madeira, un material máis resistente co que se pretende garantir unha maior durabilidade da obra fronte ás condicións ambientais da primeira liña de costa.
Los narcotraficantes modifican sus rutas de entrada en Galicia en función de la presión policial. Así lo explica Fernando Alonso, gerente de la Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN), tras conocerse que la provincia de A Coruña concentró el pasado año casi siete de cada diez kilos de cocaína incautados en la comunidad.
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de avaliación ambiental estratéxica da Xunta e o alcalde, Manuel Muíño, destaca que se seguen "dando os pasos que hai que dar, completando trámites administrativos complexos para continuar avanzando neste proxecto".
A Xunta de Galicia financiará cunha achega de 59.986,14 euros os traballos de construción dunha fonte seca ou transitable no Concello da Laracha, o que permitirá crear unha lámina de auga móbil en pleno centro urbano e converter a zona da intervención nun refuxio climático no que protexerse das altas temperaturas.
Despois de 42 anos como funcionaria do Concello de Carballo, Maite Márquez Caneda asinou este martes a súa xubilación na Alcaldía, rodeada de compañeiros e compañeiras, membros do goberno municipal, familiares e persoas moi próximas que quixeron acompañala nun momento cargado de emoción, lembranzas e tamén moito humor.
Descontos de entre o 20 e o 50%, cine, música, unha ruta de tapas e ata un tren turístico é o que se atoparán quen acuda esta fin de semana a Baio con motivo dunha nova edición da campaña Punto Rojo, promovida polo Concello de Zas e a Asociación BaiON.
Alternativa dos Veciños (AV) de Fisterra cualifica de "período de parálise" o primeiro ano de goberno do Partido Popular, liderado por Luís Insua, tras a moción de censura aprobada polo pleno celebrado o 19 de agosto de 2025, que desbancou da Alcaldía a Áurea Domínguez.