Se hai algo que caracteriza as festas do Carme dos Pincheiros son os desfiles de xigantes e cabezudos que ateigan as rúas durante os días de celebración. Estes curiosos personaxes chaman a atención de pequenos e maiores, que se achegan para acompañar o seu percorrido e desfrutar dunha das tradicións máis arraigadas da Pobra do Caramiñal. Máis aló do seu valor como tradición, estas figuras de…
Galicia conta con moitos produtos elevados aos altares da gastronomía pola súa calidade, o seu éxito comercial e a súa fama, como as patacas de Coristanco, o pemento de Padrón, o queixo de Arzúa... ou a xouba de Rianxo. Precisamente hoxe terá lugar na alameda da vila rianxeira a XXXI Festa da Xouba, organizada polo Concello coa colaboración da confraría, que aporta os aproximadamente 180 quilos de…
Noia prepárase para vivir unha das súas grandes citas anuais do calendario festivo. A vila xa conta as horas para a Feira Medieval deste 2026, que terá lugar nesta fin de semana, de venres a domingo, cun amplo programa que inclúe obradoiros de artesanía, música e espectáculos de todo, que farán que a vila mariñeira retroceda no tempo varios séculos.
O Pazo de Goiáns é o gran símbolo identitario e patrimonial de Boiro. De feito, está representado no seu escudo. Foi construído polos Fandiño Gayoso a mediados do século XVI, posiblemente sobre unha torre defensiva anterior que foi destruída durante as Revoltas Irmandiñas, e álzase maxestoso sobre unha parcela de 120.000 metros cadrados.
Porto do Son ha centrado la atención del taekwondo profesional durante este fin de semana. Todo gracias a los Kinder Games Internacional 2026, una cita deportiva que ha atraído a cientos de especialistas de relevancia mundial hasta el pabellón de Santa Irene.
Coincidindo co 250 aniversario do pasamento de Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido como o cura de Fruíme, o Concello de Lousame impulsou este ano o proxecto Zernadas’ 27, unha iniciativa coa que o municipio está a promover a candidatura do autor para o Día das Letras Galegas de 2027. «É o precursor do galeguismo.
A Banda da Escola de Música de Rianxo dará este sábado no auditorio un concerto especial polo Día das Letras Galegas e o seu vixésimo terceiro aniversario. Baixo o nome de Retrincos, a actuación terá lugar ás 20.30 horas e contará co apoio de Teatro Airiños. O espectáculo está dividido en dúas partes por cada un dos cinco contos. En primeiro lugar, e ao comezo de cada un dos relatos, a agrupación…
O Concello de Ribeira atópase inmerso nun mes cheo de cultura coa celebración do Maio Cultural. Unha iniciativa que abrangue máis dunha quincena de propostas para todos os públicos, poñendo o foco no Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio e que este ano está dedicado á escritora Begoña Caamaño. Así, o municipio preséntase como un punto de encontro arredor da lingua, da música, da…
Detectar, comprender e actuar é vital na atención ao autismo durante a primeira infancia, e facelo a tempo pode marcar unha diferenza real no desenvolvemento dun neno ou nena. Un punto no que a Unidade de Atención temperá de Amicos cumple un papel de gran importancia, converténdose nun servizo especializado, personalizado e coordinado, no que cada intervención se adapta á realidade de cada…
O Concello de Noia presenta por primeira vez unha programación de Semana Santa cun enfoque claro na promoción turística, apostando por unha oferta variada que combina lecer, cultura, natureza e tradición.