RSS Amplifier

Diario do Támega :: Últimas noticias · Aug 21, 2026

Música, cine, gastronomía e xogos: a Romaría Ponte Farruca de Laza presenta o abano máis completo de actividades | NOTICIAS VERÍN

0
Sign in to vote or save

Diario do Támega · Diario do Támega

Edición pasada durante a Tractorada. | FOTO: Noelia Caseiro.
Edición pasada durante a Tractorada. | FOTO: Noelia Caseiro.

Publicidad 84228

Diario do Támega

21 de agosto de 2026, 18:40

A Romaría Ponte Farruca xa ten todo preparado para a celebración da súa quinta edición, que terá lugar do venres 28 ao domingo 30 de agosto de 2026 no municipio ourensán de Laza. Tras a positiva resposta do público nas convocatorias anteriores, o evento consolida a derradeira fin de semana de agosto como data fixa no calendario e, por primeira vez na súa traxectoria, estende a súa duración a tres días completos.

Publicidad 80214

Publicidad 53167

O encontro reafirma o seu compromiso coa visibilidade do colectivo a través dunha diversidade de propostas que combinan a tradición, a música e a participación cidadá, consolidándose como un referente cultural na comarca de Monterrei. Entre os alicientes máis agardados, a romaría volve contar cos Xogos Labregos, que inclúen probas como o lanzamento de alpacas, e a Tractorada Engalanada, unha das citas máis multitudinarias.

Publicidad 80443

Publicidad 83354

O abano de propostas inclúe os cantos de taberna, dirixidos un ano máis por Artur Puga, e a actuación do pandeireteiro Xiao Mopo, vencellado a Maghua, quen dirixirá un obradoiro de baile tradicional. O eido cultural complétase co Cinema Rural, onde se proxectará o filme As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns e Sétima, o domingo ás 16:30 h no baixo do Concello. Así mesmo, manteranse espazos como o obradoiro de estampación e o Farruca Dates, organizado xunto a Disifest.

Publicidad 76082

Publicidad 8408

En canto á oferta gastronómica, o evento contará con food trucks e a sesión de xamón de Juan. Finalmente, a cita reserva espazo para as máis pequenas coa Ponte Farruquiña e a Ruta de Coches Clásicos, cun límite de 30 vehículos e data tope de inscrición o 25 de agosto.

Publicidad 81510

Read the original on diariodotamega.es

Comments

Nothing yet. Say the first thing.

    Sign in to join the conversation.