
COMER E FALAR SI RADIO 21_06_26
Neste programa mantemos unha maravillosa charla con Maria Joao Cerdeira, Xerente da Adega Soalheiro en Melgaco. descubrimos unha bonita historia de continuidade, tradición e paixón no mundo dos Vinhos Verdes.
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
Subscribe:.rss.atom.json.md.m3u.pls
Live Last read · last published · next check
Saves to your Listen queue, to pick up on another day or another device.

Neste programa mantemos unha maravillosa charla con Maria Joao Cerdeira, Xerente da Adega Soalheiro en Melgaco. descubrimos unha bonita historia de continuidade, tradición e paixón no mundo dos Vinhos Verdes.

Tras viaxar da man da comision nacional dos Vinhos Verdes e Turismo de Porto e Norte, facemos un percorrido por esta histica zona vinicola e por dos concellos tan importantes como MonÇao e MelgaÇo. Tamén a Torre de Lapela e o Palacio de Brejoeira.

Falamos con Bego Vazquez sobre a reapertura do Regueiro da Cova. Charlamos e coñecemos os proxecto de Sergio Fernandez no Restaurante Neira e David Outes no Restaurante Marbella. Ademáis falamos dunha iniciativa conxunta que poñen en marcha.

Neste programa charlamos con Adrian Torreiro do restaurante D'Obra de Melide e un dos nominados a Cociñeiro Galego do ano. En Compostela visitamos o xenlleiro Hotel San Lorenzo e charlamos con Montse Regueiro na Terraza do hotel. E estreamos sección sobre as viaxes en furgo con Bea Feijoo en Bea on The Road.

O comer e fala volta a andar. Falamos con Javi do Restaurante Riba da Cheda en Lariño. Coñecemos o establecemento rural Carballeira do Tambre con Dominique. E con Irene Montero Diz coñecemos o seu proxecto persoal en Ourense "El Multiverso del Tiramisú"

Charlamos con Martin Mantiña, cociñeiro e propietario do Restaurante Berso en Sober. Descubrimo o intereante proxecto e Mordeste.

Esta ocasión visitamos a Feira do Monte en Trasmonte "Monte Tanto" organizado polo concello de Ames. Coñecemos distintos proxectos como A Cova da Abella, Embruxo, Gaia Gourmet, Barbuos, Amarelante o Xosé Tunhas Percusión.

Falamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel na semana previa á Festa da Castaña en Seoane do Courel. Tamén repasamos coa nosa compañeira Conchi Zúñiga o que foron as Xornadas Micoloxicas de Trives

Programa especial adicado á VI Ruta de tapas de Castaña do Caurel. Falamos con todos os participantes e coa alcadesa Lola Castro. Tamén acompañannos os membros do xurado profesional Alberto Ribas, Vane Rivas de Festigaleiros e Roberto Castro Presidente do Xeoparque Montañas do Courel.

Nesta ocasión, buscamos facer un programa distinto. Falamos cunha xornalista galega afincada en New York, María Fernández Blanco, que ven de gañar varios emmy nos últimos dous anos. Quixemos coñecer un pouco mellor a sua traxectoria e charlar sobre diferentes temas de actualidade.